Emma Thompson, outra “Fermosa Creatura”

0
168

A actriz Emma Thompson está en conversas finais para protagonizar xunto a Viola Davis o vindeiro filme de Richard LaGravenese, unha adaptación ao cinema do romance sobrenatural orixinal de Margaret Stohl e Kami Garcia Beautiful Creatures.

A história vai sobre dous adolescentes (Jack O’Connell e Alice Englert) que deberán enfrontar-se a un esconxuro que enmeigou á família da rapaza durante xeracións.

Thompson interpretaría o dobre papel da señora Lincoln, unha fanática relixiosa da vila, e mais o de Sarafine, a malvada bruxa que a posúe.

Erwin Stoff e Molly Smith son os produtores. A rodaxe escomezará en abril en New Orleans.