Un novo conto de Mary Poppins

0
209

A Disney Pictures está por pechar un acordo polo que adquirirá os dereitos para o cinema sobre un guión de Kelly Marcel titulado Saving Mr. Banks e que trata sobre o contencioso que mantiveron nos xulgados durante 14 anos a Walt Disney e mais a escritora australián P.L. Travers para que lle permitira vender os dereitos sobre o seu libro Mary Poppins.

O libro de Travers era moi persoal e reflectía as penúrias da súa própia vida e da súa relación con seu pai, que morreu cando ela tiña sete anos. A Disney ao cabo conseguiu convencer á escritora para que lle permitira facer o filme, ainda que ela mantivo todo o tempo as súas dúbidas sobre o proxecto.

Ainda que o éxito do filme foi inmediato, Travers odiaba tanto as secuéncias de debuxos animados que rexeitou a posibilidade de vender ningún outro dos seus traballos á Disney nunca mais.

Alison Owen será a produtora deste filme, para o que xa se rumorea o interese de Tom Hanks e Meryl Streep para protagoniza-lo.