Drácula regresa de entre os mortos

0
145

A Universal Pictures está a desempoar o seu ambicioso proxecto Dracula Year Zero, que hai un par de anos estivo por protagonizar Sam Worthington baixo a dirección de Alex Proyas. O filme explora o persoaxe histórico de Vlad o Empalador e a súa sede de sangue que inspirou o mito após da clásica novela de Bram Stoker.

A película estivo a piques de se facer, pero os estudos finalmente rexeitaron o proxecto cando o orzamento se disparou.

Agora, Matt Sazama e Burk Sharpless veñen de escribir un novo guión, mentres ca Gary Shore está en negociacións para ser o director. Michael De Luca continúa coma produtor, e no que respeita a Worthington, non está nada claro que siga vencellado ao proxecto.

Pola súa banda, a Warner Bros. Pictures está a manter conversas co actor Russell Crowe para que protagonice Harker, unha nova versión do clásico de Stoker que Leonardo DiCaprio produciría dende a súa compañía, a Appian Way.

Nesta nova versión, Jonathan Harker convérte-se no protagonista do relato e xa non é un avogado senón un detective de Scotland Yard que investiga a série de misteriosos crimes cometidos polo Conde dende a súa chegada a Inglaterra.

Lee Shipman e Brian McGreevy escribiron o guión, que semellaba ía dirixir o español Jaume Collet-Serra (Unknown, Orphan). Cando foi transferido ao proxecto de Akira, o seu nome deixou de soar, pero agora que ese proxecto ficou adiado por mor de problemas financeiros, seica regresará a Harker unha vez mais.

A dispoñibilidade de Crowe dependerá do seu calendário detraballo: agora mesmo está a rodar Les Miserables e todo fai indicar que o seu seguinte proxecto será o Noah de Darren Aronofsky.