Febre polos Argonautas

0
185

Xasón e os ArgonautasO guionista de X-Men Zak Penn será o encargado de escribir o libreto e ademáis producir o filme The Argonauts, unha nova volta de rosca do clásico mito grego para a 20th Century Fox.

A versión da Fox de The Argonauts está baseada na versión orixinal de Penn da clásica história dos argonautas, un grupo de mariñeiros heróicos que antes da guerra de Troia acompañaron a Xasón até a Colquídia na súa procura do Velo de Ouro. O nome de argonautas provén do seu barco, o Argón.

John Davis (Alien vs. Predator) tamén está vencellado ao proxecto en labouras de produción.

O conto dos Argonautas produciu xa un bó feixe de proxectos, incluindo o filme de 1963 Xasón e os Argonautas, así coma unha minisérie para a canle NBC que se emitiu en 2000.

A DreamWorks está a desenvolver un proxecto, tamén titulado The Argonauts, sobre un grupo de cazadores de tesouros que descubren os restos da mitolóxica nave afundida e que foi capitaneada por Xasón nos tempos da antiga Grécia.

Penn está asemade a escribir The Avengers, unha história baseada nos Vingadores, o grupo de superheroes da Marvel Comics.