A torre prohibida gaña o Prémio Minotauro

902

O Prémio Minotauro 2012, que dende hai nove anos é outorgado á millor novela inédita de ciéncia-ficción, terror ou fantasía pola editorial Minotauro, recaíu este ano na obra La torre prohibida, da que son coautores David Zurdo Saíz e Ángel Gutiérrez Tapia. O xurado estivo formado por Fernando Delgado, Juan Eslava Galán, Ángela Vallvey, Laura Falcó Lara, Montse de Paz e José López Jara. A dotación económica do galardón é de 10.000 euros e este ano presentáron-se 227 orixinais. A obra será publicada en marzo.

Os dous autores son madrileños e enxeñeiros técnicos pola Universidade Polítécnica de Madrid. David Zurdo colabora na prensa escrita, en televisión e, sobre todo, en diversos programas de canles de rádio conservadores. Ángel Gutiérrez é colaborador de numerosos programas de rádio e televisión e tamén publicou artigos en diversos médios da prensa escrita.

Respeito á novela, tráta-se dun thriller de terror que transcurre nunha clínica onde é ingresado un xornalista de sucesos que perdeu a memória após de sofrir un accidente. No seu hospital, todos os internos padecen amnésia, pero o que ninguén lle conta é que todos os enfermos sofren pesadelos recurrentes, soños terríbeis que se repiten cada noite.