O carbono alterado chimpa ao cinema

0
170

A Mythology Entertainment ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a novela Altered Carbon, unha obra de ciéncia-ficción post-cyberpunk do ano 2002 orixinal do escritor Richard Morgan.

A história está ambientada nun futuro onde a conciéncia pdoe ser dixitalizada e almacenada en implantes corticais na columna vertebral. Os implantes funcionan coma un disco dur ode respaldo para a mente, permitindo aos humanos sobrevivir á morte física reimplantando as súas memórias e a súa consciéncia noutro corpo.

O persoaxe principal é Takeshi Kovacs, un soldado descargado dun extra-mundo que é unha prisión ao corpo dun policía recén morto. A descarga foi realizada por un aristócrata altamente influinte que está covnencido de que foi asasinado e quere que o soldado averígüe a verdade.

A guionista de Shutter Island, Laeta Kalogridis, adaptará a novela xunto con David Goodman. Kalogridis, Brad Fischer e James Vanderbilt serán os produtores. O proxecto estivo até agora nas mans da Silver Pictures.

Após de Altered Carbon, o anti-heroe Kovacs apareceu en outras dúas novelas de Morgan, publicadas en 2003 e 2005. Morgan escribiu ademais a novela Black Man en 2007, dúas miniséries da Viúva Negra e traballou coma guionista nos videoxogos Crysis 2 e Syndicate.