Del Toro e Watson fan unha “Beleza”

0
147

Guillermo del Toro dirixirá e Emma Watson protagonizará o filme Beauty para a Warner Bros. Pictures.

Andrew Davies (The Three Musketeers, Bridget Jones’ Diary) está a escribir esta nova versión da Bela e a Besta que era orixinalmente unha adaptación da novela de Robin McKinley Beauty: A Retelling of the Story of the Beauty and the Beast, pero que agora evolucionou nalgo completamente diferente.

Denise De Novi e Alison Greenspanserán os produtores. Del Toro está nestes intres rematando a rodaxe de Pacific Rim en Toronto.