Coster-Waldau, de Tronos a Horizontes

993

O actor danés coprotagonista da série de televisión Game of Thrones Nikolaj Coster-Waldau (Ser Jaime Lannister) ven de se unir ao reparto que protagonizará o próximo proxecto de ciéncia-ficción de Joseph Kosinski, o filme épico Horizons (tamén chamado Oblivion, pero ningún dos dous nomes é o oficial) para a Disney Pictures.

Tom Cruise é o protagonista no papel dun soldado reparador de drons e ún dos derradeiros humáns, abandoado na superfície da Terra nunha era na que a xente vive en grandes cidades por riba das nubes. Alí atopa unha muller que ven de estrelar a súa nave e xuntos iniciarán unha aventura que os levará a coñecer a verdade sobre o que aconteceu para chegar a tal situación.

Coster-Waldau interpretará a Sykes, un experto en armas e tecnoloxía militar. A rodaxe escomeza o mes que ven en Louisiana.