Angelina Jolie confírma-se para Maleficent

0
175

No decurso dunha rolda de prensa na Berlinale, onde promocionaba In the Land of Blood and Honey, a actriz Angelina Jolie confirmou que o filme da Disney Maleficent será o seu seguinte proxecto.

Levo dous anos sen actuar, e non fixen nada mais dende isto [Land of Blood and Honey]. O próximo que farei será unha película da Disney“, revelou Jolie aos xornalistas.

Maleficent é a versión revisionista de Linda Woolverton do clásico conto de fadas da Bela Durminte, que pon o foco sobre a malvada raíña da história. O proxecto retomou nas últimas semanas algo da súa enerxía orixinal após de que o deseñador de produción de Avatar e Alice in Wonderland, Robert Stromberg, chegara a bordo para se sentar na cadeira do director.