Watts en Anxos e Demos

0
214

Naomi WattsSegundo informa a prensa americana, Naomi Watts (O Señor dos Aneis, King Kong) ven de acadar ún dos papeis principais para acompañar a Tom Hanks en Anxos e Demos, a precuela de O Código da Vinci, que o mesmo cá anterior, será dirixida por Ron Howard. O representante da actriz non atendeu chamadas nin requerimentos dos xornalistas para confirmar o rumor.

De todos os xeitos, o comezo da produción tivo que adiar-se por mor da folga de guionistas de Hollywood, e probábelmente non escomezará até o mes de febreiro, segundo desvelou unha fonte interna á que tivo acceso NOVA FANTASIA.

Así e todo, a película fará-se, e o seu lanzamento para primavera de 2009 ainda non sufriu modificacións.