Lobishomes no Brasil

0
229

LoboA compañía produtora de Scott Steindorff, a Stone Village, ven de mercar Lobo, un guión para un thriller de acción con lobishomes dos escritores Dikran Ornekian e Ryan Colluci.

Ezna Sands dirixirá este filme, que vai sobre unha colónia de lobishomes en Brasil.

O filme está xa preparado para comezar axiña a súa produción, e o vindeiro 15 de outubro a rodaxe dará escomezo nas rúas de Río de Janeiro. O orzamento será de menos de 15 millóns de dólares (uns dez millóns de euros) e a financiación correrá a cargo dunha produtora independente.

Neste filme, un home recibe unha foto e unhas cartas que proceden do testamento da súa nai, e decide aventurar-se nunha rexión perdida no Amazonas na procura das súas raíces. Alí atopará unha espécie case extinta de lobishomes e a súa verdadeira identidade, e axudará aos lobishomes a sobrevivir.

O lanzamento do filme será acompañado dunha novela gráfica que contará cun guión dos mesmos autores có da película.