A Warners adaptará a série de Landover

0
188

A Warner Bros. Pictures ven de mercar os dereitos para levar á pantalla grande a série de novelas de Terry Brooks Magic Kingdom of Landover.

Baseadas no primeiro libro da série, a novela de 1986 Magic Kingdom for Sale — Sold!, a história vai sobre un avogado que ven de ficar viúvo e que atopa un anúncio nun catálogo de nadal, onde un tal Mr. Meeks ofrece un millón de dólares por un reino máxico. E após de merca-lo descubrirá que debe unir aos cidadáns do reino e ás súas criaturas para deteren a un demo malvado que quere destruir o país.

Akiva Goldsman, Andy Cohen, Kerry Foster e Alex Block serán os produtores.

A Universal tentara anteriormente adaptar a propiedade ao cinema aló por 2005 cun guión de Lowell Ganz e Babaloo Mandel, mentres que Stephen Sommers estaba vencellado ao proxecto coma director.