Darkover será unha série de TV

0
199

As produtoras Ilene Kahn Power e Elizabeth Stanley veñen de se asegurar os dereitos para levar á televisión a saga de novelas de Darkover, orixinal da lendária escritora de ciéncia-ficción Marion Zimmer Bradley.

Os libros están ambientados nun sistema solar onde Darkover é o único planeta habitábel polos seres humáns de entre os sete astros que xiran ao redor dunha estrela vermella xigante chamada Cottman. A saga, que mistura a fantasía coa ciéncia-ficción, detalla a colonización dun novo planeta onde os seus habitantes comezan a se asentar e crean espécies novas. Para obter máis información sobre a saga, podes consultar o arquivo histórico e baixar-te o número 8 da nosa revista (primavera de 1999).

A parella de produtoras convenceu aos herdeiros de Bradley e posuidores dos seus dereitos de autor que sería millor pasar á televisión a súa série, no canto de converte-la nunha película. Nestes intres están a negociar a súa venda a várias canles por cable.