Liebesman dirixirá máis Tartarugas Ninja

0
146

Jonathan Liebesman (Battle Los Angeles, Wrath of the Titans) está en conversas para dirixir un relanzamento con acción real da popular franquía das Tartarugas Ninja para a Paramount Pictures e mais a Platinum Dunes.

Liebesman é ún dos tres realizadores que os produtores están a considerar para o posto de director da nova versión da série de televisión e cómics que fixeron furor nos anos 80 e que agora contan cun novo guión para a pantalla grande, que están a rematar de escribir Josh Appelbaum e André Nemec (Mission: Impossible Ghost Protocol).

Michael Bay, Brad Fuller e Andrew Form serán os produtores. O filme sinificaría a quinta longametraxe que tería aás tartarugas coma protagonistas, após das tres entregas de acción dos anos 90 e mais o filme con gráficos xerados por computador que se estreou en 2007.