Andrews na precuela de “Cabin Fever”

0
144

O debuxante de cómics reconvertido a realizador cinematográfico Kaare Andrews está en negociacións finais para dirixir a precuela Cabin Fever: Patient Zero para a Indomina Group e mais a Hypotenuse Pictures.

Jake Wade Wall (remake de The Hitcher) está a escribir o guión, que é o primeiro de dúas precuelas que revelan a orixe do virus comedor de carne humana que atacaba a un grupo de adolescentes no filme de terror independente de 2002 Cabin Fever de Eli Roth.

Esta versión terá coma protagonistas aos pasaxeiros dun cruceiro polo Caribe que atraca nunha illa privada que está a ser utilizada por un grupo de científicos que investigan o millor xeito de destruir a humanidade. Os protagonistas deberán atopar un xeito de sobrevivir á enfermidade antes de que acabe con todos eles.

Evan Astrowsky é o produtor desta longametraxe, que se rodará na República Dominicana.