Laurence Fishburne entrará na Colónia

0
125

Laurence Fishburne e Kevin Zegers (Transamerica, Dawn of the Dead) están por asinar o contrato polo que entrarían a formar parte do elenco de actores do novo thriller de Jeff Renfroe, o filme canadiano de ciéncia-ficción The Colony, que conta cun orzamento de 16 millóns de dólares e está producido pola Alcina Pictures, a Item 7 e mais a Mad Samurai Productions.

A história vai sobre un grupo de supervivintes que viven no subsolo da Terra após de que unha nova Idade de Xelo e mais unha invasión de salvaxes caníbales convertera en inhabitábel a superfície do planeta.

Renfroe, Patrick Tarr, Pascal Trottier e Svet Rouskov foron os autores do guión. A rodaxe escomezará a semana queven en Toronto e prolongará-se até finais de marzo.

O filme conta coa produción de Paul Barkin, Colin Brunton, Matthew Cervi, Pierre Even e Marie-Claude Poulin.