Eu matei a Adolf Hitler

551

A compañía Studio Eight ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a novela gráfica I Killed Adolf Hitler, de John Arne “Jason” Sæterøy, gañadora do prémio Eisner en 2007.

A história vai sobre as aventuras dun pistoleiro que atopará algúns problemas após de viaxar atrás no tempo até o ano 1938 coa misión de asasinar a Hitler. As liñas claras no debuxo de Jason fixeron que xurdiran as comparacións entre o seu traballo e mais o de Hergé, o clásico creador de Tintín.

D.C. Walker está a adaptar o guión para a pantalla grande, mentres que Jamie e Alex Brow serán probábelmente os encargados de producir.