Os cómics da Pixar

0
218

Os IncribeisA Pixar ven de axuntar forzas coa Boom! Studios para crear unha série de cómics e novelas gráficas baseadas nos persoaxes propiedade da compañía, e a primeira série que se publicará será a d’Os Incríbeis.

A série d’Os Incríbeis xa está confirmada para catro números e contará con Mark Waid como guionista. De todos os xeitos seixa Waid xa conta con guións para dous números máis porque todos esperan que após dos catro de proba, a série poida continuar. O argumento desenvolverá acontecementos que van xusto despois do que puidemos ver no filme: os persoaxes deberán coma sempre loitar coas súas inquedanzas e dificultades familiares. E para escomezar, o persoaxe de Mr. Incríbel sufrirá unha impotenza heroica: os seus pdoeres comezan a fallar, pero el non quere comentar ren á súa família nin ir ao médico, que será un novo persoaxe introducido para o cómic, un médico de superheroes.

A série podería aparecer en abril nos Estados Unidos, e a seguirán outros títulos da Pixar, probábelmente encabezados por Toy Story, xa que o plan é ter seis títulos en rotación. Ningún destes cómics vai-se desviar moito do seu filme orixinal, para que non haxa problemas no caso de que queiran facer unha secuela para o cinema.