O actor mexicano Gael Garcia Bernal (Y Tu Mama Tambien) semella ser o elixido pola 20th Century Fox para protagonizar o filme de ciéncia-ficción Zorro Reborn.
Esta nova versión, radicalmente distinta a todo o que até agora viu-se sobre o lendário heroe enmascarado, estará ambientada fóra do súa época, a Califórnia colonial española, e situará-o nunha terra devastada e post-apocalíptica ao xeito de Mad Max. O persoaxe estará animado ademáis pola vinganza e non pola xustiza.
Lee Shipman e Brian McGreevy (Harker) están a escribir o guión. O especialista en previsualización Rpin Suwannath era nun prinmeiro intre quen ía dirixir o filme, pero seica xa non está vencellado ao proxecto, que contará coa produción de Mark Amin, Cami Winikoff e David Higgins.
En todo caso, este filme non debe confundir-se co relanzamento de El Zorro pola Sony Pictures baseado na novela de 2005 da escritora chilena Isabel Allende.