Fassbender será o heroe irlandés Cuchulain

0
199

Michael Fassbender liderará un novo proxecto de filme escrito por Ronan Bennett, un guionista entre cuxos créditos están Public Enemies ou The Hamburg Cell.

Fassbender será o protagonista desta nova longametraxe no papel de Cuchulain, o heroe central do ciclo mitolóxico do Ulster (unha das catro pólas da mitoloxía irlandesa), e que polo de agora tan só leva o nome provisório de Irish Myths.

O proxecto será financiado pola Finn McCool Films, unha empresa radicada en Londres e da que son propietários Fassbender e Bennett. Polo de agora non se deron a coñecer nomes de posíbeis directores.

Fassbender está actualmente en Berlín promocionando o seu filme Haywire, pero axiña poderemos ve-lo en Prometheus baixo a dirección de Ridley Scott.