En marcha a secuela de I am Legend

0
171

O produtor Akiva Goldsman, a Overbrook Entertainment e mais a Warner Bros. Pictures veñen de chegar a un acordo para facer unha segunda parte do éxito de ciéncia-ficción de 2007 I Am Legend.

Xa daquela, e após de obter unha recadación de mais de 584 millóns de dólares en todo o mundo, as produtoras escomezaron a falar sobre a posibilidade de facer unha precuela, pero o interese decaiu e non se volveu comentar o tema.

Agora seica as cousas cambiaron unha vez mais porque Arash Amel está a escribir o guión e Will Smith ten a súa axenda libre para repetir o seu papel protagonista coma o científico Robert Neville, o derradeiro home vivo na Terra en loita contra as hordas de mutantes, após de que un virus mortal aniquilara a toda a humanidade.

Mália os rumores que se difundiron anteriormente e que dicían que esta película sería unha precuela, seica non vai ser así finalmente. O único certo é que Smith non asinará o seu compromiso até non lér o guión, e por suposto está o pequeno inconvinte de que hai pouco que facer co seu persoaxe após de que o seu destino ficase selado no remate do primeiro filme.