O regreso ao cinema do “Night Stalker”

779

Edgar Wright (Scott Pilgrim, Shaun of the Dead) dirixirá para a Disney Pictures unha longametraxe remake do telefilme de culto dos anos 70 The Night Stalker, que tamén foi unha série de televisión emitida pola canle ABC.

A série narraba as peripécias de Carl Kolchak (Darren McGavin), un reporteiro que investiga crimes misteriosos que poden ter un vencello co sobrenatural ou coa ciéncia-ficción. A série pasou por un remake hai un par de anos, cando Stuart Townsend fixo o papel de Kolchak, pero foi cancelada após duns poucos episódios pola súa baixa audiéncia. A saga orixinal fora unha influéncia moi importante para o produtor Chris Carter e inspirou-no para crear Expediente X.

Johnny Depp e Christi Dembrowski serán os produtores deste filme a través da súa compañía Infinitum Nihil label, mentres que o proxecto fica aberto a unha posíbel entrada de Depp coma protagonista no papel de Kolchak.

Ainda non hai un guionista contratado, pero agora que Wright está a bordo agárda-se que el mesmo, Depp e Dembrowski remodelen o proxecto dende cero.