Del Toro aníma-se no Día dos Mortos

0
180

O realizador Guillermo del Toro será o produtor da longametraxe de debuxos animados xerados por computador Day of the Dead, un filme mexicano que producirán os estudos Reel FX.

O creador de El Tigre, Jorge R. Gutierrez, dirixirá esta película, que describe coma unha história de amor tipo Romeo e Xulieta ambientada no día dos mortos, a festividade mexicana que se celebra no día de Halloween. Gutierrez e Doug Langdale co-escribiron o guión.

Aaron Berger e Carina Schulze están tamén na produción deste filme, que ten previsto estrear-se en outono de 2014.