A Warners proba o sabor da Lixívia

0
149

Ainda que o remake de Akira ficou adiado por mor de problemas financieiros, a Warner Bros. Pictures non quere abandoar os seus plans para adaptar outros clásicos do manga ao cinema, e así xa están a poñer en marcha unha versión de Bleach (Lixívia, en galego, se ben o nome aplíca-se tamén ao pelo tinxido de loiro), un manga orixinal de Tite Kubo. Seica o guionista de Wrath of the Titans, Dan Mazeau, foi contratado para escribir o libreto.

Bleach é un thriller sobrenatural que vai sobre un adolescente que se converte nun Recolleitor de Almas cando unha rapaza membro da mesma Orde lle empreste os seus poderes no decurso dunha loita contra un espírito malvado. Agora o protagonista deberá escoltar ás almas dos mortos e protexer aos vivos, pero cando a súa família sexa atacada por unha malvada alma perdida chamada “Burato” deberá adicar o resto da súa vida a evitar que tal traxédia aconteza outra vez.

Peter Segal (Get Smart) será o produtor e pode que tamén o director. Masi Oka e Michael Ewing tamén producirán.