Unha noite no circo

599

Moira Buffini (Jane EyreTamara Drewe) ven de ser contratada para que escriba o guión para adaptar ao cinema a novela fantástica de Erin Morgenstern Night Circus para a Summit Entertainment.

Ambientada a princípios do século XIX, o filme conta a história de dous xóvenes magos que son peóns dunha vella rivalidade entre os seus veleidosos pais, tamén ilusionistas, e o circo enmeigado onde se desenvolve a súa competéncia e mais os seus amores. Os destinos de todos ficarán nas mans do equilíbrio entre os dous meigos.

O filme combinará unha ambientación de época xunto a temas de terror para adolescentes e mais elementos sobrenaturais.David Heyman e Jeff Clifford son os produtores.