Novos guionistas para Conan

0
218

ConanDirk Blackman e Howard McCain veñen de asinar un contrato polo que se comprometen a reescribir o guión de Conan para a Lionsgate.

O seu guión para o filme de acción e aventuras Amazon tamén será desenvolvido pola mesma produtora Lionsgate: este segundo filme é unha fita épica sobre as míticas mulleres guerreiras no que seica está vencellada nada menos ca Scarlett Johansson.

Ainda non hai director para ningunha das dúas películas.

O produtor xefe e presidente da Paradox Entertainment, Fredrik Malmberg, producirá o filme de Conan xunto a Boaz Davidson, Joe Gatta e Avi Lerner da Millennium Films.

Thomas Dean Donnelly e Joshua Oppenheimer (Sahara) escribiran o primeiro guión para este filme de Conan, unha potencial resurrección do clásico guerreiro creado por Robert E. Howard en dúcias de contos publicados nos anos 30 en revistas pulp. En 1982, Oliver Stone e John Milius escribiron unha adaptación para o cinema que dirixiu o mesmo Milius e que protagonizou Arnold Schwarzenegger.

A Lionsgate ten a esperanza de relanzar o persoaxe e o universo de Conan producindo un filme o máis espectacular posíbel e baseándo-se nas histórias orixinais de Howard, coa ideia de crear unha película cun orzamento de 100 millóns de dólares (66 millóns de euros) e clasificada para maiores de 18 anos, o que constituiría o proxecto máis cobizoso desenvolvido polo de agora pola Lionsgate e mais a Millennium.