Ehren Kruger escribe sobre Matterhorn

0
217

O guionista Ehren Kruger (Transformers: Dark of the Moon, Scream 3) será o encargado de escribir o libreto dun proxecto ainda sen título baseado mais ou menos nunha atracción de Disneylándia chamada Matterhorn, obviamente para a Disney Pictures.

Brian Beletic dirixirá este filme baseado en Matterhorn, unha atracción sobre un grupo de exploradores de montaña que agora Kruger deberá adaptar ao cinema re-escribindo o guión a partir dun primeiro boceto orixinal de Jason Dean Hall. A história céntra-se en cinco mozos que van á aventura: un deportista, un guía de viaxes, un cartógrafo, un arqueólogo e mais un astista das fugas.

O quinteto aventúra-se nos Alpes por razóns misteriosas e deberá enfrentar-se aos Ietis, gardiáns dun segredo. Justin Springer será o produtor deste filme, que tentará obter tanto éxito versionando as atraccións de Disneylándia ao cinema coma tivo a súa mais inmediata predecesora, Piratas do Caribe.