Dwayne Johnson interpreta a Hércules

0
175

Dwayne Johnson está en conversas para se facer co papel protagonista do filme sobre heroes mitolóxicos gregos Hercules, unha nova versión do clásico forzudo que están a preparar a MGM e mais a Spyglass Entertainment.

A longametraxe adaptará o cómic orixinal de Steve Moore Hercules: The Thracian Wars, que narra as aventuras de Hércules após de completar as súas doce tarefas e de que lle voltara as costas aos deuses.

Agora el e mais seis amigos convertéron-se en mercenários e son contratados polo rei de Trácia para que adestre aos seus homes e os converta nun exército tan cruel e despiadado coma eles mesmos. Ryan Condal escribiu o guión e Brett Ratner será o director.