Rex Libris, un bibliotecário heróico

0
131

A Walden Media está a avanzar coa produción dunha adaptación ao cinema da novela gráfica Rex Libris, orixinal de James Turner.

A história, que vai entre a comédia e a ciéncia-ficción, narra as aventuras do bibliotecário Rex Libris, quen debe protexer os libros da Biblioteca Pública de Middleton e gardar os tesouros literários do mundo contra unha chea de inimigos sobrenaturais, principalmente zombis.

Ben Zazove (Tooth Fairy 2) está a adaptar o guión mentres que Evan Turner e Michael Bostick serán os produtores.

O cómic póde-se lér gratis na páxina da editorial que o publicou.