Gañadores dos Oscars de 2012

0
145

A 84ª gala dos prémios da Académia de Hollywood celebrou-se esta noite cos resultados que todo o mundo agardaba, e outorgando asemade o maior número de Oscars ao filme independente The Artist. O outro grande favorito, o filme semifantástico e sobrevalorado Hugo de Martin Scorsese, tivo que se conformar cos prémios de carácter técnico, ainda que en número igualou á súa rival, cinco en total.

Na lista de gañadores dexénero aparecen Rango, coma millor filme de debuxos animados, Woody Allen polo millor guión orixinal (con Midnight in Paris), Man or Muppet do filme The Muppets coma millor canzón orixinal e The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore coma millor curtametraxe de debuxos animados.

Pola súa banda, Hugo gañou os prémios á millor dirección artística, montaxe, edición de són, són e efectos especiais.