Kinnaman recibe unha oferta de Robocop

0
225

Agora que o proxecto de filme Arthur & Lancelot fracasou, o protagonista de Snabba Cash e The Killing, Joel Kinnaman, seica ten moito tempo dispoñíbel na súa axenda e a MGM está desexando enche-lo canto antes.

Así, vários médios informan que Kinnaman recebiu unha oferta para protagonizar o remake que a MGM vai realizar do clásico RoboCop dirixido nesta ocasión polo brasileiro José Padilha (Tropa de Elite). Agárda-se que ambas partes cheguen a un acordo en breve.

O filme será un relanzamento mais sinistro e descarnado do clásico de ciéncia-ficción dos anos 80 que dirixira daquela o holandés Paul Verhoeven. A Kinnaman puidemos ve-lo ultimamente en pequenos papeis en filmes coma The Girl with the Dragon Tattoo de David Fincher, Safe House e The Darkest Hour.