Vingadores, reuníde-vos!

0
165

A película dos Vingadores terá un novo título oficial en Inglaterra: Avengers Assemble, para non confundi-la coa série (e tamén película) Os Vingadores que se fixo nos anos 60, época na que seica seguen estancados os espectadores británicos. Aquela série non tiña ren que ver cos superheroes. Onte ademais deu-se a coñecer o novo póster oficial e mais o tráiler que se poderá ver nos cinemas. “Vingadores, reuníde-vos!” é o grito de guerra do Capitán América cando os Vingadores se axuntan para unha misión.