Winehouse quere vingar-se de James Bond

699

Amy WinehouseA cantante londinense Amy Winehouse prepara a súa vinganza após de ser humillantemente descartada do último filme de James Bond, Quantum of Solace, que se estreará o 31 de outubro en Inglaterra, e no que ela ía compoñer e interpretar o tema principal.

A polémica cantante revelou que pensa rematar a gravación de Another way to die que empezou con Mark Ronson e podería mesmo saca-la ao mercado o mesmo día da estrea do filme, para fastidiar aos produtores.

Os americanos Alicia Keys e Jack White, da banda White Stripes, foron os finalmente elixidos para gravar a dúo a canzón para a película, despois de que en maio se fixera público que Winehouse non estaba en condicións de face-lo.

O compositor e produtor musical Mark Ronson, colaborador de Amy no proxecto, confirmou que ían abandoa-lo a médias ao non estar ela “preparada para se centrar na música” tras vários problemas de saúde por mor da súa adición ás drogas.

Deberían ter agardado un pouco máis“, dixo en alusión aos productores da película. “Se querían un éxito mundial, téño-os todos aquí dentro“, engadiu, sinalándo-se a cabeza.

Amy quere amosar aos directivos cinematográficos que “cometeron un erro” ao prescindir dela: “Supoño que querían algo ben definido e aburrido. Cando saque a miña versión, e estou tentada de face-lo o mismo día da estrea, será o maior éxito“, presumiu a cantante.