Bob Esponxa regresará ao cinema

0
144

A Paramount Pictures ven de anunciar os seus plans para lanzar unha segunda película de Bob Esponxa para o ano 2014, dez anos despois de que aparecese a primeira e polo de agora única nas pantallas de cinema.

O CEO da Viacom, Philippe Dauman, fixo o anúncio oficial onte e confirmou que o proxecto será tan só primeiro da súa nova unidade de animación, que producirá unha película ao ano. O pasado domingo os estudos levaron a súa primeira grande alegría cando o filme Rango foi galardoado co Oscar á millor longametraxe de debuxos animados.

Ademáis Dauman confirmou que están a adaptar o cómic de ciéncia-ficción New Kid, orixinal de Penny Arcade, e que Gary Whitta está a escribir o guión.