En marcha o cásting de Winter’s Tale

0
139

O vindeiro thriller sobrenatural de Akiva Goldsman A Winter’s Tale na Warner Bros. Pictures está a atraer a atención de moitos actores de sona, aos que os estudos fixeron várias probas de cásting nas últimas semanas.

Así, Benjamin Walker (Abraham Lincoln: Vampire Hunter) e Tom Hiddleston (Thor) están entre os actores que pretenden facer-se co papel de protagonista. A semana que ven Lily Collins (Mirror Mirror), Bella Heathcote (In Time) e Jessica Brown Findlay (Downton Abbey) están citadas para o cásting de actriz principal.

A história descríbe-se coma un drama radical sobre reencarnacións ambientado a princípios do século XX. O papel do protagonista é o dun ladrón fuxitivo entabla unha relación cunha enferma terminal que é filla do dono da casa na que ven de roubar. Ademais, a história seica incorpora un cabalo voador e un desprazamento temporal.

Russell Crowe xa foi contratado para facer o papel dun despiadado matón e Will Smith podería ter un cameo no papel dun xuíz. O proxecto será o debut na dirección do guionista de A Beautiful Mind.