Marc Forster dirixe “Cowboy Ninja Viking”

0
162

Marc Forster (Quantum of Solace, Monster’s Ball) será o director da adaptación ao cinema da novela gráfica de A.J. Lieberman Cowboy Ninja Viking para a Universal Pictures.

Os guionistas de Zombieland, Paul Wernick e Rhett Reese, escribiron unha versión para a pantalla grande para a Disney Pictures, pero foi rexeitada por ser “demasiado radical”, segundo os estudos da Casa do Rato. Agora, a Universal adquiriu os dereitos sobre ese guión e esperan que se poida converter nunha beneficiosa franquía.

A história vai sobre un programa secreto do governo que converte aos esquizofrénicos en asasinos. O protagonista é un tolo que ten os poderes (e as mentes) combinadas dun cowboy, un ninja e mais un viquingo. Cando o governo decide utilizar os seus pdoeres en Irak, o protagonista escapa e decide utilizar os seus poderes para perseguir ao millonário responsábel de financiar o programa.

A rodaxe escomezará a finais deste ano, unha vez que Forster remate o seu traballo canda Brad Pitt en World War Z. Wernick, Reese, Guymon Casady, Ben Forkner, Mark Gordon e Bryan Zuriff serán os produtores.