Percy Jackson atopa ás Parcas

0
167

Mary Birdsong (Reno 911), Yvette Nicole Brown (Community) e Missi Pyle (The Artist) veñen de unir os seus nomes ao reparto da vindeira secuela Percy Jackson & The Olympians: Sea of Monsters para a Fox 2000.

Thor Freudenthal dirixirá esta continuación do éxito de 2010 Percy Jackson & The Olympians: The Lightning Thief con Logan Lerman, Alexandra Daddario e Brandon T. Jackson regresando aos papeis de protagonistas. Esta vez Percy (Perseo) deberá atopar o Vélaro de Ouro.

As tres actrices interpretarán ás Parcas, o mitolóxico trío de deusas irmás que determinan o destino de todos os seres humanos tecendo o fío na súa roca. Chris Columbus e Karen Rosenfelt serán os produtores.