Arquetipo será unha longametraxe

0
167

O produtor John Davis (Chronicle, I, Robot) ven de adquirir os dereitos para facer un remake de Archetype, a curtometraxe de ciéncia-ficción de Aaron Sims.

A curta orixinal narra a história dun robot de combate de dous metros e médio de alto chamado RL7 e que falla durante unha misión, desenvolvendo memórias inexplicábeis e obriga aos seus creadores a investigar este extraño comportamento.

Sims será probábelmente o director do remake, o que suporá o seu debut coma director dunha longametraxe. Os recén chegados Guy Busick e Ryan Murphy serán os guionistas do filme.

Sims é o propietário de Aaron Sims Co., unha empresa especializada en previsualizacións e efectos especiais e que é responsábel de filmes coma War Horse, Rise of the Planet of the Apes e mais do recente remake de The Thing.