Chris Weitz reescribe á Cincenta

0
154

Chris Weitz (The Golden Compass) está en negociacións para reescribir o guión de Cinderella para a Walt Disney Pictures, unha nova versión con actores de carne e óso do clásico conto da Cincenta.

A guionista de The Devil Wears Prada, Aline Brosh McKenna, vendeu o guión orixinal á Disney en 2010. Nel o conto da Cincenta é reinterpretado dende unha óptica actualizada, no que o príncipe debe casar nun matrimónio concertado, pero os plans dos viláns fracasarán cando o príncipe coñeza á Cincenta.

Mark Romanek (Never Let Me Go) será o director, mentres que Simon Kinberg producirá.