Bloodshot, a máquina de matar

726

A Sony Pictures ven de pechar o acordo polo que adquire os dereitos para levar ao cinema a clásica série de cómics Bloodshot.

O cómic, publicado en 1992 pola editorial Valiant Comics, vai sobre Angelo Mortalli, un despiadado asasino da máfia que é enganado por un criminal, posto en protección de testemuñas e despois traizoado e obrigado a participar nun programa experimental.

No programa inxéctan-lle nanorobots que reconstrúen o seu cerebro e mais o seu corpo para face-lo unha máquina de forza sobrehumana. Pero entón Mortalli escapa e tentará averiguar quen foi anteriormente.

O cómic foi un grande éxito de vendas e fixo xurdir a febre polo universo Valiant durante os anos 90. En 1996 relanzou-se ao persoaxe baixo o selo de Acclaim Comics, coa ideia de adapta-lo aos videoxogos.

Jeff Wadlow escribirá o guión mentres que Neal Moritz, Jason Kothari e Dinesh Shamdasani encargarán-se da produción.