Kinnaman confírma-se para Robocop

0
222

Tal e coma anunciou NOVA FANTASIA a semana pasada, a MGM ven de pechar o acordo co protagonista de The Killing, o actor Joel Kinnaman, para que faga o papel principal no remake de José Padilha do clásico Robocop para a Strike Entertainment.

Josh Zetumer escribiu o guión deste relanzamento que segundo din eliminará a sátira sinistra do filme orixinal e no seu canto incluirá un tón mais descarnado e realista. Eric Newman e Marc Abraham son os produtores.

Kinnaman, que xa traballou con Padilha no recente thriller de acción Safe House, fai-se asemade co papel que fixo famoso a Peter Weller no filme orixinal de Paul Verhoeven de 1987.