Os barrancos de Deus

0
203

Mike “Mouse” McCoy, que recentemente codirixiu o thriller de acción Act of Valor, será o encargado do drama God’s Gulch para a Bandito Brothers.

A história vais sobre un grupo de persoas que deben axuntar-se para loitar pola súa supervivéncia após de que a rede mundial sexa destruída e o mundo se vexa ao borde dun colapso económico e social.

Brooks McClaren escribirá o guión, baseado nunha ideia que el e mais McCoy crearon conxuntamente. Tanto McCoy coma o seu co-director en Act of Valor, Scott Waugh, ainda teñen pendente no seu calendário o filme Black Sands con Arnold Schwarzenegger.