O demo chega en “The Occult”

0
157

Rufus Sewell, Anne Heche e mais a debutante Alycia Debnam-Carey están en negociacións finais para protagonizaren o thriller The Occult para a Liddell Entertainment.

A história vai sobre unha pequena comuna que está por ser testemuña do cumprimento dunha vella profecía que inclúe a chegada ao mundo da filla do demo.

Cando o 18° aniversário das cinco rapazas se achega, unha secuencia de crimes causa que o pánico se espalle pola comunidade facendo que todo o mundo se pregunte se a profecía se vai facer realidade ou se alguén quere silenciar aos que saben demasiado.

Christian Christiansen dirixe esta longametraxe, que conta coa produción de Mickey Liddell e Pete Shilaimon. A rodaxe escomezará a finais deste mes en Carolina do Norde (Estados Unidos).