Kunis vai e volve do inferno

0
158

Mila Kunis (Black Swan) interpretará a unha persoa médio humana médio demo salvaxe na comédia para maiores de 18 anos Hell and Back, que se rodará co sistema de stop motion ou parada de imaxe para a ShadowMachine.

A história céntra-se en dous persoas que son grandes amigos e que deben rescatar a unha terceira que foi enviada ao inferno por mor dun accidente. O persoaxe de Kunis, a filla dun Orfeo que a enxendrou durante a súa viaxe polo río Estíxio, ten o poder de navegar polo inframundo.

Kunis úne-se asemade a un reparto no que xa figuran Nick Swardson, T.J. Miller, Rob Riggle, Brian Posehn e Kumail Najiani.

Tommy Gianas e Ross Shuman serán os directores, mentres que Corey Campodonico, Eric Blyler e Alex Bulkley producirán.