Terceira adaptación do Símbolo Perdido

278

Danny Strong (Recount) ven de ser contratado para que se encargue do novo guión da adaptación ao cinema da terceira novela do escritor Dan Brown que ten coma protagonista a Robert Langdon, The Lost Symbol, para a Sony Pictures.

A história está ambientada ao redor de Washington D.C. onde o director do Instituto Smithsonián foi secuestrado e Langdon fica vencellado a un complot que inclúe aos masóns, a ciéncia Noética e un asasino que ten todo o corpo tatuado.

Mark Romanek (Never Let Me Go) semella polo de agora que segue a ser o director, sustituíndo neste posto a Ron Howard, encargado das dúas anteriroes entregas, O Código Da Vinci e Anxos e Demos. Agárda-se que Howard e Brian Grazer sexan os produtores.

Strong é xa o terceiro guionista que chega a bordo do proxecto, após de que Steven Knight e mais o mesmo Brown entregaran bocetos que non foron do gusto da produtora. Agárda-se que Tom Hanks repita o seu papel de Langdon, pero non hai ningún compromiso pola súa parte.