Comezan a traballar na secuela dos Muppets

0
172

A Disney quere xa avanzar canto antes na produción dunha secuela de The Muppets, após de que o primeiro filme achegara 154 millóns de dólares nos despachos de billetes en todo o mundo para as súas arcas.

O director James Bobin e mais o co-guionista Nicholas Stoller escribirán o libreto desta segunda parte. Jason Segel podería regresar coma protagonista, pero polo de agora ten un calendário moi complicado.

O que si é certo é que Kermit (a rá Gustavo, na súa versión en España) e Miss Piggy anunciaran anteriormente os seus plans para facer unha secuela hai un par de semanas mentres estaban de xira internacional promocionando a primeira parte.