A ouija vai polo barato

0
170

Após de aparcar o proxecto a finais do ano pasado, a Universal Pictures seica está a se pensar millor a súa decisión e quere comezar outra vez coa produción de Ouija, a adaptación ao cinema do popular xoguete de taboleiro da Hasbro.

Nombergantes, esta nova versión será moi diferente á que estivo até hai uns meses pendente de aprobación e que tiña previsto ser unha longametraxe de aventuras e acción cun alto orzamento, que contaba ademais con McG coma director.

Agora a crise fixo estragos no proxecto e os estudos están a se decatar de que as películas de terror non precisan de moitos millóns para recadar ao grande. De feito, a nova versión contará cun orzamento moi reducido, de tan só cinco millóns de dólares (uns 3 millóns de euros). O argumento ainda irá sobre o xogo de taboleiro e o mundo dos espíritos, pero McG xa non está vencellado á cadeira de director.

Os produtores da Platinum Dunes Michael Bay, Andrew Form e Brad Fuller fican a bordo, e agora úne-se-lles a Blumhouse, a compañía responsábel dunha franquía de grande éxito pero de baixo orzamento, Paranormal Activity.

A produción ten previsto reanudar-se este ano e a estrea será en 2013.