Marchando unha de dinosáuros bolivarianos

0
154

O realizador irlandés Kealan O’Rourke (The Boy in the Bubble) será o guionista e director dunha adaptación ao cinema con debuxos animados da novela gráfica ainda sen publicar de Sean Rubin titulada Bolivar para a Warner Bros. Pictures.

A história vai sobre unha rapaza chamada Sybil que se muda a New York e atopa que o seu veciño é Bolívar, o derradeiro dinosáuro vivo. Mália os desesperados esforzos de Sybil, Bolívar non quere saír da súa casa nin facer-se amigo dela. Pero axiña Bolivar decatará-se de que a rapaza sinifica moito para el que podería arrisca-lo todo por ela.

Akiva Goldsman, Kerry Foster e Stephen Christy serán os produtores.