Andre Øvredal dirixirá “Carpe Demon”

0
154

Andre Øvredal (o realizador noruegués responsábel do éxito Troll Hunter) será o director de Carpe Demon: The Adventures Of A Demon-Hunting Soccer Mom para a compañía produtora de Chris Columbus, a 1492.

Baseado no libro homónimo de 2005 da escritora Julie Kenner, o filme vai sobre unha nai normal que vive nunha casa das afóras da cidade pero que tenta agochar o seu pasado secreto no que foi unha cazadora de demos, e que éstes aínda están a persegui-la sen acougo.

Pero cando algúns habitantes do inframundo comecen a aparecer pola súa pequena vila de San Diablo, os seus plans virán-se abaixo. Dan e Kevin Hagerman (Hotel Transylvania) están a adaptar o guión.

Polo de agora xa se levan publicados cinco libros desta série, polo que os estudos teñen moito interese en que de aquí poida saír unha potencial franquía de filmes.