Adéus a Terra Nova

0
178

A canle Fox ven de cancelar a série de ciéncia-ficción e dinosáuros Terra Nova após de que tan só se chegara a rodar unha tempada e rematando asemade con meses de especulacións. Despois do tráxico remate da primeira tempada, seica os malos gañaron tamén no noso pasado prehistórico.

O alto custe da série, os problemas da produción, os numerosos adiamentos, as críticas non moi positivas, os malos resultados de audiéncia e os rumores de falla de apóio por parte da canle finalmente foron demasiado para esta série que chegou da man de Steven Spielberg e cunha moi boa ideia orixinal, pero que pouco a pouco foi diluíndo as súas expectativas até chegar á mediocridade.

Coa cancelación de House e os malos resultados que está a colleitar Alcatraz, semellaba que Terra Nova podería ter unha oportunidade na grella da Fox, pero finalmente non houbo renovación. Agora os produtores teñen ainda unha derradeira esperanza, a de que outra canle queira facer-se cargo da série, pero as posibilidades son moi remotas.